Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE VILAMARTÍN DE VALDEORRAS

08 Abr 2016

Anuncian no BOP unha praza de condutor/a de vehículos municipais

No BOP de hoxe, día 8 de abril aparece publicada a convocatoria para a unha contratación laboral temporal. Trátase dun posto de condutor/a de vehículos municipais para o que é preciso o carné C1+E. Os vehículos a manexar son:
- Retroescavadora do concello para obras municipais.
- Tractor - rozadora para a campaña de Prevención de Incendios Forestais 2016.
- Camión de bombeiros.
A modalidade contratación será un contrato laboral temporal para obra ou servizo determinado deica o final de 2016
A presentación de solicitudes poderase facer nas oficinas municipais, en horario de 8.00 a 14.30 horas.
O prazo para a presentación é  de oito días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación deste edicto no BOP.
Os criterios de selección aparecen nas bases que obran nas oficinas do concello e que están a disposición dos interesad@s.

Volver