OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE VERÍN
Crean o mesmo tempo unha bolsa de emprego para cada un dos postos
O Concello de Verín publicou o 12 de outubro na sede eléctronica do Concello, convocatoria para contratación de:
UN ENCARGADO/A POLIDEPORTIVO
UN MONITOR/A DEPORTIVO/A
UN CONSERXE
TRECE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público nas oficinas municipais, na sede electrónica do concello (verin.sedelectronica.gal)
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello, de 9:00 a 14:00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
O prazo de presentación de instancias finaliza o 18/10/2023.