Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RIOS

08 Abr 2016

Seleccionan a un/ha chófer de máquina rozadora

O concello de Riós fixo público hoxe, mediante o Boletin Oficial da Provincia o anuncio de selección de persoal para provisión do posto de traballo dun/ha chofer máquina rozadora. A alcaldía, mediante resolución con data 5 de abril de 2016, aprobou as bases ás que se axustará o concurso para seleccionar e contratar temporalmente unha persoa como: chofer máquina rozadora.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de dez hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no concello.

Volver