Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RAIRIZ

18 Mai 2017

Trátase dunha praza de vendedor/a de billetes para a piscina municipal

O concello de Rairiz de Veiga fai pública, no BOP do 18 de maio a convocatoria para a contratación laboral pra unha praza de vendedor/a de billetes para a piscina municipal. O contrato laboral a formalizar será unha contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada completa, 40 horas semanais, de luns a domingo. O sistema de selección será por concurso de méritos, e a duración do contrato até fin de servizo (tempada 2017). O salario bruto mensual 723,01 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias). O prazo e lugar para presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP (18/05/17), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14:30 horas. O texto íntegro das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello.

Volver