OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA: CATRO POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS
Fan dúas convocatorias
O concello de Rairiz de Veiga publica no BOP do sábado 17 de xuño dúas convocatorias para contratacións laborais temporais; son as seguintes:
1ª.- Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo o Decreto da alcaldesa do día 06/06/2023:
Pións forestais:
• Número de prazas: 3
• Denominación do posto: pión forestal.
• Contrato laboral que se vai formalizar: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
• Xornada laboral: completa, 40 horas semanais, de luns a venres.
• Sistema de selección: concurso de méritos.
• Duración del contrato: 3 meses.
• Salario bruto mensual: 1.260,00 € (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias).
• Prazo e lugar de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 09.30 a 14.30 horas.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do cdoncello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0
2ª.- Por resolución da alcaldía, do día 2 de xuño de 2023, aprobáronse as bases específicas para a selección e contratación dun/dunha monitor/a de educación e tempo libre para un campamento de verán e creación dunha bolsa de emprego para o exercicio 2023 con cargo á subvención de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense.
Modalidade de contratación: contrato indefinido
1. Xornada: parcial.
2. Servizo: monitor/a de tempo libre.
3. Sistema de selección: concurso.
4. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello, de luns a venres, en horario de 09.30 a 13.30 h.
O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello de Rairiz de Veiga, situado nas oficinas municipais e na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga https://rairizdeveiga.sedelectronica.gal/info.0
Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na sede electrónica do concello de Rairiz de Veiga e no taboleiro de anuncios do concello.