OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE ESGOS
Fan unha convocatoria para a contratación laboral temporal de varios postos de traballo
O concello de Esgos, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir varios postos de traballo de persoal laboral temporal, publica oresumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento o concurso pra os seguintes postos: 4 operari@s servizos varios, 1 lector de contadores de auga, 1 auxiliar de axuda a domicilio, 2 socorristas e 2 taquilleiros- as/limpador-a. A modalidade de contratación será un contrato por obra ou servizo de duración determinada, optando para o sistema de selección polo concurso. As bases da convocatoria poderanse obter nas oficinas municipais. O prazo de presentación de solicitudes é de 4 días hábiles contados dende o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOP (22/4/17), no Rexistro do Concello de Esgos na Praza da Souteira, s/n.º en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

