OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CELANOVA
Trátase de catro prazas
O concello de Celanova por acordo da xunta de goberno, na sesión ordinaria con data 30 de maio de 2016, aprobou as bases xerais e específicas para a contratación laboral temporal de catro traballadores para a realización da obra ou servizos “brigada de reforzo aos servizos de limpeza viaria e parques e xardíns” a tempo parcial (50% da xornada), polo sistema de oposición, así como a constitución da bolsa de traballo. O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais. O obxecto da convocatoria é a contratación laboral temporal a tempo parcial, 50% da xornada, de catro traballadores/as para a realización da obra/servizo “brigada de reforzo aos servizos de limpeza viaria e parques e xardíns”, cunha duración de tres meses, ao abeiro das bases reguladoras do Programa Provincial de Cooperación cos Concellos en materia de empregabilidade correspondente ao ano 2016, da Deputación Provincial de Ourense, cuxa finalidade é a contribución ao sostemento económico dos servizos de competencia municipal, posibilitando, asemade, a contratación dos recursos humanos necesarios co dito fin, tanto a través das figuras contractuais propias da lexislación laboral como a través de contratos administrativos, así como o acordo da Xunta de Goberno
do 6 de maio de 2016 da Deputación Provincial de Ourense de concesión da subvención. Podes descarregar as bases é o modelo de instancia picando no arquivo pdf que está debaixo da fotografía.

