PARTILHAR
OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN
Convocan unha praza laboral temporal de técnic@ de cooperativismo
O concello de Calvos de Randín publica no BOP do 23 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 20.02.2017 para unha praza de un/unha técnico/a en cooperativismo, con modalidade de contratación a meio dun contrato laboral a xornada completa para o/a técnico/a en cooperativismo. A duración do contrato será de sete meses. Para o sistema de selección optaron polo concurso de méritos. O prazo de presentación de instancias é de 3 días hábiles, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (23/02/17); se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, debendo presentarse no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial. A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.