OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE BOBORÁS
Son postos para as brigadas de incendios forestais
O concello de Boborás fai pública no BOP do 14 de xuño por decreto da alcaldía do 11 de xuño de 2018, a aprobación das bases reguladoras ás que se axustará o concurso-oposición para a selección e contratación temporalmente de 2 xef@s debrigada, 2 pións-condutor@s e 6 peóns das brigadas de incendios do concello de Boborás. Os/As interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro do concello de 8.00 a 15.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles contados dende o seguinte á publicación no BOP. O texto completo das bases de selección está publicado na páxina web municipal e no taboleiro de anuncios do concello www.boboras.gal

