OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DE AMOEIRO
Trátase dunha praza de pión
O concello de Amoeiro publica no BOP do xoves 22 de decembro o proceso de contratación para o fomento de emprego na mocidade de 1 peón para o servizo de abastecemento de auga. Trátase dunha praza de pión para o servizo de abastecemento de auga do concello de Amoeiro, mediante contrato temporal para obra/servizo determinado (ata o 31 de decembro de 2017). A presentación de solicitudes deberase facer no rexistro de entrada do concello de Amoeiro (de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. O prazo de presentación é de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos do concello. O requisitos son os seguintes:
- Ter entre 18 e 30 anos.
- Estar en posesión do carné de conducir clase B, como mínimo.
- Os demais sinalados nas bases reguladoras aprobadas por decreto da alcaldía do 12.12.2016, e que están a disposición dos/as interesados/as nas oficinas do concello e na páxina web: www.amoeiro.gal. A instancia dirixida ao alcalde acompañada da documentación acreditativa dos requisitos antes expostos e dos méritos que se desexen alegar. Os criterios de selección estarán dacordo coas bases obrantes nas oficinas do concello a disposición dos/as interesados/as, que se publicarán xunto con esta convocatoria no taboleiro de edictose na páxina web do concello

