OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DA BOLA
O concello da Bola por resolución da alcaldesa de data 4 de marzo do 2017, aprobou as bases para a selección e posterior contratación de un oficial de 3ª. A duración do contrato irá dende o 01.04.2017 até o 31.12.2017. A clase de persoal será laboral temporal. O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (24/03/2017), no rexistro xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, e sábado de 10.00 a 13.00; ou por calquera dos previstos na Lei. As bases da convocatoria que poderán ser consultadas no concello da Bola sito no Campo de Veiga, 4 - 32812 - A Bola e teléfono 988 451 293, en horario de oficina.

