OFERTA DE EMPREGO NO CONCELLO DA BOLA
É para un/ha axente TIC
O concello da Bola fai pública no BOP do 17 de marzo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal baixo a modalidade de obra ou servizo determinado para o posto de traballo dun/ha Axente TIC para a aula CeMIT do concello da Bola. O concello da Bola abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos que será de cinco (5) días naturais a computar a partires do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia (17/3/18). As/Os interesadas/os poderán recoller as bases de selección nas oficinas municipais en horario de 9.00 a 14.00 horas.

