Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE EMPREGO NA ENTIDADE LOCAL MENOR DE BERÁN

15 Abr 2021

Son dous postos temporais

A Entidade Local Menor de Berán fai pública no BOP do 15 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 9 de abril de 2021:
1.- Número e denominación das prazas: 2 traballadores/as para prestar servizo como pións de servizos múltiples
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)
3.- Duración do contrato: até fin de obra (aproximadamente 3 meses)
4.- Sistema de selección: concurso-oposición
5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

Volver