PARTILHAR
OFERTA DE EMPREGO EN VARIAS CATEGORÍAS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN
Ofertan prazas para un administrativo, un condutor operador de maquinaria forestal, un condutor operador de retroescavadora e un xefe de equipo de obra (capataz)
O concello de Calvos de Randín anunciou no BOP de hoxe, 29 de abril, a convocatoria para a contratación laboral segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 26.04.2016 dos postos de seguintes postos: un/ha administrativo/a, un/ha condutor/a operador/a de maquinaria forestal, un/ha condutor/a operador/a de retroescavadora e un/ha xefe/a de equipo de obra (capataz). A modalidade de contratación será un contrato laboral temporal a xornada completa, que contará cunha duración de seis meses. Para o sistema de selección aplicarán o concurso de méritos.
A presentación de instancias deberá facerse no prazo de 3 días naturais, contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP (29/04/16), no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
A exposición do texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.