OFERTA DE DÚAS PRAZAS TEMPORAIS NO CONCELLO DE ESGOS
Son pra operaria/o servizos varios e operaria/o de servizos varios/chofer rozadora
O concello de Esgos fai público no BOP do 20 de maio a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación segundo as bases de contratación aprobadas por resolución de alcaldía, de data 15/05/2019.
1.- Número e denominación das prazas: 1 operaria/o servizos varios, 1 operaria/o de servizos varios/chofer rozadora.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa de duración determinada e por obra ou servizo de duración determinada.
3.- Sistema de selección: concurso.
4.- Bases da convocatoria: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal: http://concelloesgos.sedelectronica.gal
5.- Prazo de presentación de solicitudes: 4 días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Esgos, na Praza da Souteira,s/n, en horario de 8.30 a 14.30 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

