Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DÚAS PRAZAS TEMPORAIS DE PIÓNS NO CONCELLO DE BOBORÁS

22 Mar 2023

Son dous contratos a xornada parcial de nove meses de duración

O concello de Boborás fai público no BOP do 22 de marzo que, mediante o acordo da xunta de goberno local do 17 de marzo de 2023, aprobáronse as bases de selección para a contratación de persoal laboral temporal:

1. Número e denominación das prazas: 2 traballadores/as para prestar o servizo de pións/pioas de servizos múltiples.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (30 horas semanais).
3. Duración do contrato: nove meses
4. Sistema de selección: concurso-oposición
5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 8.00 a 14.30 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días naturais, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, na páxina web (www.boboras.gal), e na sede electrónica: (https://boboras.sedelectronica.gal)

Volver