Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DÚAS PRAZAS NO CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

31 Mai 2017

Son para un/ha dun encargad@ para a realización de tarefas de mantemento e limpeza das piscinas municipais e para un/ha socorrista

O alcalde do concello de Xunqueira de Ambía, mediante resolución do día 26 de maio do 2017, aprobou as bases para a contratación laboral temporal dun/ha encargad@ para a realización de tarefas de mantemento e limpeza nas piscinas municipais e dun/ha socorrista acuático.
As instancias, dirixidas ao alcalde, presentaránse no rexistro xeral do Concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de cinco días naturais seguintes a aquel no que apareza publicado o anuncio no BOP (31/5/17). As bases atoparanse na secretaría do concello e poderán ser examinadas por quen o desexe durante as horas de oficina.

Volver