Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DÚAS PRAZAS DE PIÓNS NO CONCELLO DE ENTRIMO

08 Xun 2017

Son contratos temporais

O concello de Entrimo fai pública no BOP do 8 de xuño a convocatoria para a contratación laboral, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía de data 05/06/2017 pra dous pións para servizos varios con modalidade de contratación por contrato laboral temporal a media xornada. A duración do contrato será de doce meses, e o sistema de selección por concurso de méritos. As retribucións totais serán de 518,88 euros/mes (incluída pppe). O lugar e prazo de presentación de instancias é de 5 días naturais contados desde o seguinte á publicación no BOP, no rexistro do concello de Entrimo, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. A exposición do texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello e na páxina web do concello http://www.concelloentrimo.es/contenido.php?i=2&p=6.

Volver