Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DÚAS PRAZAS DE LIMPADORES/AS NO CONCELLO DE COLES

23 Dec 2022

Serán seleccionados/as por concurso de méritos

O concello de Coles fai pública no BOP do venres 23 de decembro a convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do decreto da alcaldía do día 19/12/2022.

01. Número de prazas:2.

02. Denominación: limpador/a.

03. Modalidade de contratación: 2 contratos laborais temporais:

- Contrato 1: xornada completa, por substitución dunha traballadora.

- Contrato 2: xornada parcial (1/2 xornada) por circunstancias da produción, cunha duración de 6 meses.

04. Sistema de selección: concurso de méritos.

05. Salario bruto mensual (incluídos todos os conceptos salariais e a parte proporcional das pagas extraordinarias):

- Contrato 1: 1.523,88 euros.

- Contrato 2: 761,94 euros.

06. Prazo e lugar para a presentación de solicitudes e alegacións ás bases de selección: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro xeral do concello de Coles, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, agás festivos.

07. O texto íntegro das bases de selección está a disposición das persoas interesadas na sede electrónica do concello de Coles: concellodecoles.sedelectronica.gal

Volver