Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DUAS PRAZAS DE AUXILIAR DE POLICIA LOCAL NO CONCELLO DE VERIN

12 Mai 2021

Son contratos de catro meses de duración

O concello de Verín, fará pública a convocatoria para a selección de dous postos de auxiliar da Policía Local. Trátase de contratos para a tempada estival, cunha duración máxima de catro meses.

As/Os interesadas/os poderán facer as súas solicitudes nos seguintes 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación, prevista para mañá 13 de maio. A presentación de instancias pódese facer no Rexistro Xeral do Concello, de maneira presencial ou telemática. É un proceso de oposición libre, que consta dunha proba física e unha teórica que terán carácter obrigatorio e eliminatorio.

Unha vez superada a oposición, as/os aspirantes deberán participar nun curso de formación impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública. Está previsto que as/os elixidas/os se incorporen ó seu posto de traballo o 1 de xullo.

Volver