Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DOS BLANCOS

14 Xun 2018

Son postos de socorrista e encarregado de bar das piscinas

O concello dos Blancos, por decreto da alcaldía con data de 5 de xuño de 2018, fai pública no BOP do 14 de xuño a aprobación das bases específicas para a selección e posterior contratación dun/ha traballador/a como socorrista e outro/a como encarregado/a do bar nas piscinas municipais. A duración dos contratos serán de dous meses, sendo persoal laboral temporal. O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP, no rexistro xeral do concello, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria, que poderán ser consultadas no concello dos Blancos en horario de oficina.

Volver