Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE PETÍN

07 Ago 2020

Son contratos de sete meses

O concello de Petín fai público no BOP do 7 de agosto a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía desta data:

1.- Número e denominación das prazas: dúas/dous operarios (un/ha operaria/o-pión e un/ha operaria/o-pión pintor/a) para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.

3.- Duración do contrato: sete meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións: as estipuladas como peón persoal laboral do concello de Petín.

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Ourense.

7.- Exposición das bases: o texto completo da bases da selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, https://petin.sedelectronica.gal  

Volver