OFERTA DE DOUS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE CENLLE
Trátase de contratos de seis meses de duración
O concello de Cenlle fai pública no BOP do 10 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación,segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do día 08/03/2022:
1. Número e denominación das prazas: dous/duas traballadores/as para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade (acondicionamento de vías públicas e medioambientais do Concello de Cenlle).
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3. Duración do contrato: seis meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Retribucións totais: 1.166,67 €/mes (incluída pppe).
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no Rexistro do Concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal

