OFERTA DE DOUS POSTOS TEMPORAIS NO CONCELLO DE BALTAR
Son para auxiliares de axuda a domicilio
O concello de Baltar fai pública no BOP do 12 de marzo a convocatoria no proceso selectivo para a contratación laboral,que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por resolución da alcaldía con data 07.03.2019:
1.- Número e denominación das prazas: 2 auxiliares de axuda a domicilio.
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada parcial (20 horas).
3.- Duración do contrato: seis meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións brutas mensuais: 525,00 €/mes (incluídos pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 3 días hábiles contados dende o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro do Concello de Baltar, en horario de 09.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal

