Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE TOEN

23 Xun 2020

Son postos para billeteiro/a e a media xornada o posto de auxiliar-administrativo

O concello de Toen, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal, fai público no BOP do 23 de xuño o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao proceso selectivo (Exp. 43/2020, ampliación subvención empregabilidade).

- Número e denominación dos postos: un/unha billeteiro/a e un/unha auxiliar-administrativo/a para as piscinas municipais.

- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo. determinado, a tempo completo o posto de billeteiro/a e a media xornada o posto de auxiliar-administrativo.

- Duración do contrato: tempada de verán 2020 (prevista do 03/07/2020 ao 06/09/2020).

- Sistema de selección: concurso de méritos.

- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municiais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal (http://concellodetoen.sedelectronica.es)

- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Toén (rúa Ribadela 1, 32930, Toén), en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en Dereito.

Volver