OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE SANDIAS
Son para a atención da biblioteca e para un/ha chófer de tractor rozadora
Convocatorias do concello de Sandias publicadas no BOP do 25 de maio:
1ª.- Auxiliar para a atención da biblioteca
Unha vez aprobadas as bases de selección para a contratación dunha persoa para a atención da biblioteca e da Casa da Lagoa, publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso-oposición (Subvención Mocidade da Deputación Provincial de Ourense):
1.- Número e denominación das prazas: auxiliar para a atención da biblioteca e do Centro de Interpretación Casa da Lagoa
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
3.- Xornada: completa.
4.- Sistema de selección: concurso-oposición.
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: cinco días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte) ou calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015.
6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello situado nas oficinas municipais, na sede electrónica sandias.sedelectronica.gal e na súa páxina web (www.sandias.es).
7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do concello (www.sandias.es), sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás.
2ª.- Chófer tractor rozadora
Unha vez aprobadas as bases para a constitución dunha bolsa de emprego para a selección dun/ha chofer de tractor con rozadora e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas no Concello de Sandiás.
1.- Denominación: bolsa de emprego para a selección dun/ha chofer de tractor con rozadora e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas no Concello de Sandiás.
2.- Duración da bolsa: até 31 de decembro de 2023.
4.- Sistema de selección: concurso
5.- Prazo e lugar de presentación de solicitudes: ante a necesidade da realización da bolsa de emprego para a selección dun chofer de tractor con rozadora e outra maquinaria de limpeza e mantemento de infraestruturas do Concello de Sandiás, cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9.00 a 14.30 h (se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).
6.- O texto íntegro das bases de selección publicarase no taboleiro de anuncios do concello de Sandiás situado nas oficinas municipais, na súa páxina web (www.sandias.es) e sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal).
7.- Os anuncios sucesivos publicaranse exclusivamente na páxina web do Concello de Sandiás (www.sandias.es) na sede electrónica (sandias.sedelectronica.gal) e no taboleiro de anuncios do Concello de Sandiás.

