OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE SAN CRISTOVO DE CEA
Son prazas de pión forestal cunha duración de seis meses
O concello de San Cristovo de Cea fai público no BOP do mércores 15 de febreiro, que, por resolución da alcaldía, do día 13 de febreiro de 2023, aprobáronse as bases para a selección e posterior contratación de dous/dúas pións/pioas forestais.
Duración do contrato: seis meses
Clase persoal: temporal laboral
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicarse o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro xeral do concello de San Cristovo de Cea, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres; ou en calquera dos medios establecidos na lei. As bases que rexerán a convocatoria, poderán ser consultadas na sede electrónica do concello de San Cristovo de Cea, no taboleiro de anuncios municipal ou nas oficinas municipais do concello, en horario de oficina.