Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE PORQUEIRA

24 Mai 2021

Son para pións forestais

O concello de Porqueira fai pública no BOP do 24 de maio a convocatoria de contratación de dous pións forestais Convocatoria para a contratación laboral que logo se indica, en cumprimento do decreto da alcaldía, do 12/05/2021
1. Número de prazas: 2
2. Denominación: pións forestais
3. Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado
4. Xornada: completa, 40 horas semanais, de luns a venres
5. Sistema de selección: concurso de méritos
6. Prazo e lugar para presentar as solicitudes e as alegacións ás bases de selección: cinco días hábiles desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, no rexistro xeral do concello de Porqueira, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase á disposición do público no concello, e na sede electrónica: porqueira.sedelectronica.gal

Volver