Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE VILAMARTIN DE VALDEORRAS

17 Abr 2021

Son para chófer de tractor rozadora e pion forestal

O concello de Vilamartín de Valdeorras fai pública no BOP do 17 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica:

1.- Número de prazas: 1 condutor/a de tractor rozadora e outra maquinaria similar e 1 pion forestal.

2.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.

3.- Xornada: completa.

4.- Sistema de selección: concurso-oposición e concurso (pion).

5.- Duración do contrato: ata o 31 de decembro de 2021.

6.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, previa cita, ou no rexistro electrónico do concello, https://vilamartindevaldeorras.sedelectronica.gal/ (Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fose sábado ou día inhábil, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte).

7.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello.

Volver