OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CHANDREXA DE QUEIXA
Son contratos de chofer de tractor rozadoira e limpador/a
O concello de Chandrexa de Queixa publica convocatoria no BOP do luns 27 de xuño para a contratación de persoal laboral baixo a modalidade de contrato temporal para os seguintes postos de traballo:
- Un/unha condutor/a de tractor-rozadoira no concello de Chandrexa de Queixa.
- Un/unha limpador/a de dependencias municipais no Concello de Chandrexa de Queixa (substitución de titular por vacacións).
O concello de Chandrexa de Queixa, abre o prazo de presentación das instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos, que será de cinco (5) días hábiles que se computarán a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os interesados poderán consultar as bases de selección na páxina web do concello: www.chandrexadequeixa.es/index.php/gl/

