Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

11 Mar 2021

Son para pións de servizos varios

O concello de Castro Caldelas fai pública no BOP do 11 de marzo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para os seguintes postos de traballo:
1.- Número e denominación das prazas: 2 pións de servizos varios para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado, a xornada completa.
3.- Duración do contrato: 7 meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP de Ourense, no rexistro do Concello de Castro Caldelas ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na
sede electrónica municipal, http://castrocaldelas.sedelectronica.gal

Volver