Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CASTRO CALDELAS

04 Mar 2022

Son contratos de 6 meses de duración

O concello de Castro Caldelas fai pública no BOP do 4 de marzo a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para os seguintes postos de traballo:
1. Número e denominación das prazas: 2 pións/pioas de servizos varios para desenvolver o Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal, por obra ou servizo determinado, a xornada completa.
3. Duración do contrato: 6 meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP de Ourense, no rexistro do concello de Castro Caldelas ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://castrocaldelas.sedelectronica.gal

Volver