OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO TEMPORAIS NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDIN
Son postos para condutor/a e pión
O concello de Calvos de Randín fai públicas no BOP do 7 de febreiro dúas convocatorias para contratacións temporais:
Convocatoria para a contratación laboral dun/ha pión de Protección Civil segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía con data 02-02-2022:
1º. Número e denominación das prazas: un/ha pión de Protección Civil.
2º. Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3º. Duración do contrato: tres meses.
4º. Sistema de selección: concurso de méritos.
5º. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitiralle ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) copia desta o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.
6º. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.
Convocatoria para a contratación laboral dun/dunha chofer de motobomba, segundo as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía do 02/02/2022:
1.º Número e denominación das prazas: un/unha chofer/esa de motobomba
2.º Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa
3.º Duración do contrato: seis meses
4.º Sistema de selección: concurso de méritos
5.º Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP (se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte), no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello: (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia dela o mesmo día en que a presente, debidamente selada polo organismo oficial.
6.º Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

