OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR
Son para Psicologa/o e Asesor/a Xurídica/o
O concello do Pereiro de Aguiar fai pública a convocatoria de selección de persoal laboral para a provisión dos seguintes postos de traballo:
• (1) Un/unha asesor/a psicolóxico/a (A1)
• (1) Un/unha asesor/a xurídico/a (A1)
Mediante Resolución da Alcaldía, do día 4 de marzo de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a selección de persoal laboral temporal no Concello do Pereiro de Aguiar polo sistema selectivo de concurso – oposición, para cubrir as prazas necesarias para dar continuidade á prestación dos servizos do Centro de Información á Muller (CIM) “Padre Feijoó” de titularidade municipal, acreditado segundo o establecido no Decreto 130/2016. As ditas bases están publicadas no taboleiro de edictos municipal e na páxina web do Concello (www.concellopereiro.com) e entrarán en vigor ao día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Todos os anuncios sucesivos serán publicados, exclusivamente, no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

