Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILARDEVÓS

22 Mai 2023

Son para funcionarias/os interinos subgrupo C1 e C2

O concello de Vilardevós fai públicos no BOP do 18 de maio dous anuncios para a selección de persoal para a provisión de postos de traballo. Son os seguintes:

1º.- Anuncio de selección de persoal para a provisión de postos de traballo: un/unha (1) funcionario/a interino/a de Administración xeral, grupo C, subgrupo C1, escala administrativo, para o Rexistro Xeral do Concello de Vilardevós.

A Alcaldía, mediante a Resolución do 20 de abril do 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente un/unha funcionario/a interino/a de Administración Xeral, grupo C, subgrupo C1, escala administrativo, para o Rexistro Xeral do Concello de Vilardevós, e durante o prazo que resulte necesario para a cobertura definitiva do posto vacante por xubilación (art. 23.2. a) da Lei 2/2015, do 29 de abril, o emprego público de Galicia. Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de Vilardevós, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP e na sede electrónica do Concello de Vilardevós https://vilardevos.sedelectronica.gal/info.0

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas basesque se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Vilardevós.

2.- Anuncio de selección de persoal para a provisión de postos de traballo: un (1) funcionario/a interino/a de Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, escala auxiliar, para o Rexistro Xeral do Concello de Vilardevós.

A Alcaldía, mediante a Resolución do 20 de abril de 2023, aprobou as bases ás que se axustará o concurso-oposición para seleccionar e contratar temporalmente un/unha funcionario/a interino/a de Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, escala auxiliar, para o Rexistro Xeral do Concello de Vilardevós, e durante o prazo que resulte necesario para a cobertura definitiva do posto vacante por xubilación (art. 23.2. a) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no Rexistro do Concello de Vilardevós, de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo dos dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP e na sede electrónica do Concello de Vilardevós https://vilardevos.sedelectronica.gal/info.0

As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan á disposición do público no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello de Vilardevós.

 

Se queres descarregar as bases do proceso abre o pdf que está debaixo da fotografía

 

Volver