OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE VILAR DE SANTOS
Son contratos temporais para persoal de atención e persoal de apoio de atención educativa á infancia
O concello de Vilar de Santos fai pública a convocatoria no BOP do 24 de xullo para a contratación laboral que se indica:
1.- Número de prazas: 2
2.- Denominación: persoal de atención educativa á infancia (1) e persoal de apoio de atención educativa á infancia (1)
3.- Modalidade de contratación: contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado.
4.- Xornada: completa 40 horas semanais
5.- Servizo: Punto Atención á Infancia (PAI) de Vilar de Santos
6.- Sistema de selección: concurso de méritos
7.- Duración do contrato: ata a fin do curso escolar 2019/2020 (setembro 2019- xullo 2020)
8.- Prazo e lugar para a presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro xeral do concello en horario de 9:00 a 14:30 h.
9.- O texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica da páxina web do Concello www.vilardesantos.gal

