OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE TRASMIRAS
Son para pión forestal e pión de mantemento de servizos varios
O concello de Trasmiras fai público no BOP do 25 de marzo, unha vez aprobadas as bases de selección para cubrir dous postos de traballo de persoal laboral temporal por resolución da alcaldía de data 20 de marzo de 2019, o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.
- Número e denominación dos postos:
1 pión de mantemento servizos municipais.
1 pión forestal.
-Requisitos esixidos: Ademais dos xerais contemplados nas bases desta convocatoria os candidatos deberán estar en posesión do permiso de condución clase B.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por obra/servizo determinado a tempo completo.
- Sistema de selección: concurso-oposición.
- Funcións: As propias do posto de traballo.
- Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e na sede electrónica municipal http://trasmiras.sedelectronica.gal
- Prazo de presentación de solicitudes: cinco días hábiles, contados desde o día seguinte o da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do concello de Trasmiras (Rúa Otero Pedrayo nº 174, 32695.-Trasmiras) en horario de 9:00 horas a 14:30 horas, ou por calquera outro medio en dereito.

