Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PUNXÍN

21 Mar 2022

Son prazas para pións/pioas

O concello de Punxín, por resolución da alcaldía do 17/03/2022, aprobou a contratación, en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos, por obra ou servizo determinado, de dous/dúas pións/pioas para desenvolver o Programa provincial de cooperación cos concellos en materia de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2022, desempeñando as funcións de acondicionamento de vías públicas e medio ambientais do Concello de Punxín. A súa duración será de 7 meses, a partir da súa formalización, e en réxime de dedicación a tempo parcial. A xornada de traballo será de 6 horas diarias, de luns a venres, ambos incluídos. Na sede electrónica e no taboleiro de anuncios, aparecen integramente publicadas as bases que deben rexer a convocatoria para a contratación das prazas. O prazo de presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, que contarán desde o día seguinte ao de publicarse este anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello (http://punxin.sedelectronica.gal) e, no seu caso, no taboleiro de anuncios.

Volver