Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE PORQUEIRA

11 Abr 2022

Son postos de persoal de limpeza e auxiliar de axuda no fogar

O concello de Porqueira fai público no BOP do 11 de abril que por resolución da alcaldía do día 05/04/2022, aprobáronse a contratación e as bases que a rexerán, de persoal de limpeza (1) e de de 1 auxiliar de axuda no fogar en réxime laboral temporal, polo sistema de concurso de méritos. Publícase o resumo da convocatoria para xeral coñecemento e chamamento ao concurso.

1. Número de prazas: 1+1.

2. Denominación: persoal de limpeza e auxiliar de axuda no fogar.

3. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal por substitución.

4. Sistema de selección: concurso.

5. Duración do contrato: ata que finalice o proceso de selección en curso para cubrir a praza en réxime laboral fixo.

6. Prazo e lugar de presentación das solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no Rexistro Xeral do Concello de Porqueira, situado na estrada de Xinzo a Bande, núm. 4, Forxa, 32643 (Ourense), en horario de 9:00 a 14:30 horas, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 39/1015, do 1 de outubro, do  procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, será necesario notificarllo ao Concello mediante correo electrónico ao enderezo  concello.porqueira@eidolocal.es.

7. Bases: o texto íntegro das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Porqueira e na sede electrónica https:// porqueira. sedelectronica. gal/ info.0.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica deste concello e no taboleiro de anuncios.

Volver