OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE MANZANEDA
Trátase de contratacións laborais temporais
O concello de Manzaneda fai público no BOP do 9 de marzo mediante decreto da alcaldía concello de Manzaneda do día 4 de febreiro de 2018, a aprobación ás bases para a selección de dous pións, persoal laboral, do concello de Manzaneda. Os/as aspirantes deberán reunir, ademais dos requisitos establecidos na base terceira, os requisitos académicos:
.- Pión: estar en posesión do título de certificado de escolaridade ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. As solicitudes para participar neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde e deberán presentarse no Rexistro do concello (os días laborais de 9.00 a 13.30 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (9/3/18). As bases estarán a disposición dos/as interesados/as na secretaría Municipal, en horario de 9.00 a 13.30 horas, os cales poderán solicitar copias en calquera momento, dentro do horario de oficina, chamando ao teléfono 988 333 043 ou na páxina web do concello www.concellodemanzaneda.es.

