Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CENLLE

19 Feb 2020

Son contratos temporais a xornada completa

O concello de Cenlle fai público no BOP do 19 de febreiro a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola xunta de goberno local con data 10/02/2020:

1.- Número e denominación das prazas: dúas/dous traballadoras/es para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade (acondicionamento de vías públicas e medioambientais no concello de Cenlle).

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.

3.- Duración do contrato: catro meses.

4.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5.- Retribucións totais: 1.108,33 €/mes (incluída pppe).

6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.

7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal

Volver