Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CENLLE

04 Abr 2023

Son contratos de cinco meses de duración a xornada parcial

O concello de Cenlle fai público no BOP do martes 4 de abril a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local do día 15/03/2023:

1. Número e denominación das prazas: un/unha (1) axente forestal e un/unha (1) pión/pioa forestal, con cargo ao Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade da Deputación Provincial de Ourense, para o servizo de “Mantemento, limpeza e xestión da biomasa no concello de Cenlle”.
2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal
Xornada:
- Axente forestal (30 horas/semana)
- Peón forestal (40 horas/semana)
3. Duración do contrato: cinco meses.
4. Sistema de selección: concurso de méritos.
5. Retribucións totais (incluído o rateo da paga extra)
- Axente forestal 1.102,50 €/mes
- Peón forestal 1.260,00 €/mes
6. Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7. Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello
e na sede electrónica municipal: http://cenlle.sedelectronica.gal

Volver