Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CENLLE

31 Mar 2021

Son contratos temporais de seis meses de duración

O concello de Cenlle fai pública no BOP do 31 de marzo a convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas por xunta de goberno local con data 11/03/2021:
1.- Número e denominación das prazas: dous/dúas traballadores/as para a realización do Programa provincial de cooperación en materia de empregabilidade (acondicionamento de vías públicas e medioambientais do concello de Cenlle).
2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa.
3.- Duración do contrato: seis meses.
4.- Sistema de selección: concurso de méritos.
5.- Retribucións totais: 1.108,33 €/mes (incluída pppe).
6.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, no rexistro do concello de Cenlle ou por calquera dos medios admitidos en dereito.
7.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica municipal, http://cenlle.sedelectronica.gal

Volver