Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

12 Abr 2021

Trátase de contratos a xornada completa de tres meses de duración

O concello de Calvos de Randín fai pública no BOP do 12 de abril a convocatoria para a contratación laboral dun/dunha chofer/esa de tractor e un/ha pión de obras, segundo as bases aprobadas pola resolución da alcaldía con data 22-03-2021:

1º.- Número e denominación das prazas: 1 chofer/esa de tractor e 1 pión de obras.

2º.- Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.

3º.- Duración do contrato: tres meses.

4º.- Sistema de selección: concurso de méritos.

5º.- Lugar e prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, se o último día cae en sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte, no rexistro do concello de Calvos de Randín, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a instancia noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia dela o mesmo día da súa presentación, debidamente selada polo organismo oficial.

6º.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver