Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

19 Mar 2022

Son para chófer de rozadora e pión

O concello de Calvos de Randín fai públicas dúas convocatorias para a contratación laboral dun/unha condutor/a de tractor rozadoira e dun/ha pión/pioa, segundo as bases aprobadas por resolución da a alcaldía do 14/03/2022:


1 Número e denominación das prazas: un/unha condutor/a de tractor rozadoira e un/ha pión de obras.
2 Modalidade de contratación: contrato laboral a xornada completa.
3 Duración do contrato: tres e seis meses.
4 Sistema de selección: concurso de méritos.
5 Lugar e prazo de presentación das solicitudes: 5 días hábiles, que contarán desde o seguinte ao de publicarse este anuncio no BOP (se o último día for sábado ou domingo, pasará ao luns seguinte), no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito. No caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, remitirá ao correo deste concello (concello.calvosderandin@eidolocal.es) unha copia dela, o mesmo día en que a presente, debidamente selada polo organismo oficial.
6 Exposición das bases: o texto completo das bases de selección está publicado no taboleiro de anuncios do concello.

Volver