Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE BALTAR

16 Xun 2023

Son para monitoras/es do campamento de verán

Publicada no BOP do 16 de xuño a convocatoria do concello de Baltar para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o día 13/06/2023:

1. Número e denominación das prazas: dous/dúas monitores/as para campamento de verán.

2. Modalidade de contratación: contrato laboral temporal.

3. Duración do contrato: segundo as necesidades do servizo e como máximo ata o 31/12/2023

4. Sistema de selección: concurso oposición.

5. Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro do concello, de 9.00 a 14.00 h, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de tres días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BoletínOficial da Provincia de Ourense.

6. Exposición das bases: o texto completo das bases de selecciónatópase a disposición do público no concello, e na sede electrónica: https://baltar.sedelectronica.gal

Volver