OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DE AMOEIRO
Traballarán na limpeza de edificios e locais municipais
O concello de Amoeiro fai público no BOP do 17 de setembro logo de aprobar por resolución da alcaldía do día 14.09.2021 as bases relativas ao proceso de selección por concurso-oposición para cubrir dous postos vacantes de persoal laboral fixo en réxime de interinidade para o posto de limpeza de edificios e locais municipais, ábrese o prazo de presentación de solicitudes que será de 7 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
As bases reguladoras que rexerán a convocatoria fican publicadas na sede electrónica do Concello de Amoeiro e no taboleiro de anuncios: https://amoeiro.sedelectronica.es/info.0
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse na devandita sede electrónica e, no seu caso, no taboleiro de anuncios. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste concello, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produciu a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que vostede poida interpor calquera outro recurso que puidese estimar máis conveniente ao seu dereito.

