OFERTA DE TRES POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA VEIGA
Son contratos para limpadores/as e traballador/a social
O concello da Veiga fai pública a convocatoria de proceso selectivo no BOP do 19 de xuño para a selección de persoal para a provisión de dúas prazas de persoal de limpeza de edificios municipais. De conformidade coa resolución da alcaldía do 12 de xuño de 2018, procédese á publicación do extracto da convocatoria pública pra 2 prazas de limpeza de edificios municipais. O sistema de selección será concurso-oposición. O texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios: http://aveiga.sedelectronica.gal. O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP no rexistro xeral do Concello da Veiga. Praza do Concello, n.º 1, 32360 A Veiga.
Tamén convoca unha praza de traballo social polo sistema de concurso-oposición. O texto íntegro das bases está publicado no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios: http://aveiga.sedelectronica.gal. O prazo de presentación de instancias: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Lugar: Rexistro Xeral do Concello da Veiga, Praza do Concello, n.º 1, 32360 A Veiga

