Verín:
988 412 345 988 411 013  | 
Xinzo:
988 462 583 988 462 824  | 
PARTILHAR
Telegram WhatsApp

OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA VEIGA

21 Feb 2022

Son prazas de persoal laboral fixo para axuda no fogar

O concello da Veiga fai pública no BOP do 19 de febreiro a convocatoria para a contratación de persoal laboral fixo, dúas prazas para o servizo de axuda no fogar municipal, 

Mediante resolución da alcaldía, do 16 de febreiro de 2022, aprobáronse as bases de selección para a contratación de persoal laboral fixo para o Servizo de Axuda no Fogar municipal.
1. Postos ofertados: 2
2. Duración da contratación: persoal laboral fixo
3. Sistema de selección: concurso-oposición.
4. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: as solicitudes presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral: https://aveiga.sedelectronica.gal/ deste concello, no Rexistro Municipal (praza do Concello, nº 1. 32360 A Veiga), ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. No caso de non ser presentadas no Rexistro Municipal, os aspirantes deberán remitir un fax (988 350 060) ou un e-mail ao seguinte correo: maria.jose.lopez.aveiga@eidolocal.es, coa copia da solicitude debidamente rexistrada o mesmo día da súa presentación. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases que, xunto co anuncio da convocatoria, se publicarán no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web e na sede electrónica https://aveiga.sedelectronica.gal

Volver