OFERTA DE DOUS POSTOS DE TRABALLO NO CONCELLO DA MEZQUITA
Son prazas para auxiliares de axuda no fogar
O concello da Mezquita fai pública no BOP do 8 de outubro a convocatoria para a selección de persoal para a provisión dos seguintes postos de traballo: dous/dúas auxiliares de axuda no fogar. A alcaldía, mediante resolución do día 06/10/2021, aprobou as bases ás que se axustará o concurso de méritos para seleccionar e contratar temporalmente a:
Clase de persoal: laboral temporal
Prazas: dous/dúas auxiliares axuda no fogar.
Modalidade: contrato laboral temporal a xornada completa de duración até o 31 de xaneiro do 2022
Sistema de selección: concurso de méritos.
Os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do concello da Mezquita, de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de tres días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio do BOP. As solicitudes recollerán os requisitos establecidos nas bases, que se atopan a disposición do público no taboleiro de anuncios.

